Aviso: Corrección de erros na publicación da inscrición da Batería do Soberano ou do Castelo no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia

Corrección de erros na publicación da inscrición da Batería do Soberano ou do Castelo no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia

Advertidos erros na publicación da Resolución do 23 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se acorda a inscrición da denominada Batería do Soberano ou do Castelo no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia número 193, do 10 de outubro de 2016, cómpre facer as oportunas correccións, que se poden consultar aquí.

Comparte