Aviso: O Ramón Piñeiro incorpora nove bolseiras aos seus proxectos de investigación lingüística do galego
O Ramón Piñeiro incorpora nove bolseiras aos seus proxectos de investigación lingüística do galego
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) incorpora desde hoxe nove novas bolseiras para reforzar a liña de traballo en investigación lingüística, literaria, histórica e antropolóxica sobre a lingua propia de Galicia nos proxectos que desenvolve na actualidade o centro de investigación adscrito á Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Esta incorporación obedece á convocatoria das bolsas, na Orde do 4 de xuño de 2016.