Aviso: Inclusión do pazo de Raña (Concello de Sarria) no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia
Inclusión do pazo de Raña (Concello de Sarria) no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia
Inclúese o Pazo de Raña no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia como ben inmoble, coa categoría de monumento, consonte a descrición, delimitación, contorno de protección e o nivel de protección integral que figuran na Resolución do 28 de outubro de 2016 pola que se inclúe o pazo da Raña, no lugar da Rañoá da parroquia de Vilar, no termo municipal de Sarria (Lugo), no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia.