Aviso: Resoltas as subvencións da Agadic de 2016 para a promoción de filmes galegos en festivais de prestixio internacional
Resoltas as subvencións da Agadic de 2016 para a promoción de filmes galegos en festivais de prestixio internacional
Un total de 11 produtoras contaron este ano cunha subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Consellería de Cultura e Educación, para a promoción e a difusión de filmes galegos en 12 festivais cinematográficos de prestixio internacional. Publicouse no web da Agadic a última adxudicación ao abeiro desta convocatoria, a través da que se destinaron 30.000 euros ás actividades promocionais vinculadas tanto a longametraxes como a curtametraxes de moi diferentes xéneros.
Na listaxe figuran as longas ‘Angélica (una tragedia)’, ‘María (y los demás)’, ‘Migas de Pan’, ‘Mimosas’, ‘Sicixia’ e ‘Verengo’, e as curtametraxes ‘A liña política’, ‘Decorado’, ‘Einstein-Rosen’, ‘Montañas ardientes que vomitan fuego’ e ‘Tout le monde aime le bord de la mer’
Publícase a última adxudicación desta liña de axudas, a través da que se apoiou a presenza do noso audiovisual en Bos Aires, Locarno, Marsella, Montreal, Nova York, Róterdam, Toulouse, Toronto, San Sebastián, Sevilla, Sitges e Xixón