Aviso: Torino Film Lab-SeriesLab: convocatoria para proxectos galegos de series de televisión

Torino Film Lab-SeriesLab: convocatoria para proxectos galegos de series de televisión

Entre os días 18 e 23 de xaneiro de 2017 terá lugar en Santiago de Compostela un dos talleres de traballo do programa SeriesLab promovido polo Torino Film Lab, dirixido ao desenvolvemento de proxectos de series de ficción para televisión. 

En virtude do acordo establecido entre o Torino Film Lab e a Agadic, os profesionais expertos que asesoran os proxectos seleccionados para participar neste taller, traballarán tamén sobre tres proxectos presentados por produtoras, directores ou guionistas galegos.

Se contades cun proxecto de serie podes participar nesta convocatoria enviando a información que se solicita en inglés á dirección audiovisual.agadic@xunta.gal ,indicando no asunto "Torino Film Lab - SeriesLab". O prazo de recepción remata o xoves 5 de xaneiro.

No caso de que o proxecto resulte seleccionado poderán asistir ás sesións de traballo un máximo de dúas persoas, unha das cales deberá ser o/a guionista do proxecto.

Material a enviar:

  • Logline (máximo dúas frases)
  • CV actualizado de cada participante (dúas páxinas máximo c/u)
  • Presentación do concepto (máximo 7.500 caracteres con espazos incluídos)
  • Escaleta do episodio piloto estruturada con puntos de enumeración, no caso de estar dispoñible, segundo as seguintes características:
    • para formatos de 26' a 50', 16-25 puntos e 7.500 caracteres (espazos incluídos)
    • para formatos de 50' a 59', 35-45 puntos e 10.000 caracteres (espazos incluídos)
  • Documentos que expresen o enfoque audiovisual (moodboard, etc.), se están dispoñibles.

Proximamente achegarase información sobre o seminario aberto aos profesionais galegos do audiovisual que se celebrará dentro do SeriesLab.

Estado de trámite: En trámite

Comparte