Aviso: Seminario sobre os novos modelos de negocio no marco do Programa Europa Creativa-Cultura

Seminario sobre os novos modelos de negocio no marco do Programa Europa Creativa-Cultura

O próximo 17 de xaneiro de 2017 terá lugar en Madrid un seminario sobre os novos modelos de negocio no marco do Programa Europa Creativa-Cultura, da Unión Europea.

A xornada terá unha sesión plenaria, cunha mostra de proxectos seleccionados baixo esta temática, seguida da participación dunha representante da Comisión Europea que falará do novo instrumento de garantía financeira. 

Na segunda parte da xornada organizaranse mesas de traballo temáticas, previa selección de participantes.

 

Estado de trámite: En trámite

Comparte