Aviso: Recordatorio: aberto o prazo de presentación das obras ao Premio Literario Nortear

Recordatorio: aberto o prazo de presentación das obras ao Premio Literario Nortear

III edición do premio literario para novos escritores de Galicia e Norte de Portugal

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xunto coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal asinaron un memorando de entendemento para establecer acción conxuntas de colaboración a nivel cultural.

No marco deste memorando desenvólvese o Programa Nortear que, entre outras actuacións, inclúe a III edición dun premio literario para novos escritores de Galicia e do Norte de Portugal, con idades comprendidas entre os 16 e 36 anos.

 

O prazo de presentación remata o 30 de abril de 2017

Estado de trámite: Resolto

Comparte