Aviso: Consulta pública para a avaliación do Programa Europa cos Cidadáns 2014-2020

Consulta pública para a avaliación do Programa Europa cos Cidadáns 2014-2020

O programa "Europa cos cidadáns" ten como obxectivo subvencionar proxectos que fomenten e melloren as condicións de participación cívica e democrática entre a cidadanía dos países da UE.

Con esta consulta pública, a Comisión Europea realizará unha avaliación intermedia sobre os resultados e o impacto que as actividades e os proxectos cofinanciados polo programa "Europa cos cidadáns" tivo de 2014 a 2016.

Pode contribuír a esta consulta pública enchendo o cuestionario en liña.

Estado de trámite: En trámite

Comparte