Aviso: Convocatoria de inscrición de longametraxes para o catálogo de Cinemas de Galicia 2017

Convocatoria de inscrición de longametraxes para o catálogo de Cinemas de Galicia 2017

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre o prazo de inscrición de longametraxes cinematográficas galegas para formar parte do catálogo do programa Cinemas de Galicia 2017.

As propostas deben cumprir os requisitos referidos neste FORMULARIO NORMALIZADO, que deberá ser empregado para a presentación das solicitudes por vía electrónica no correo cinemas.agadic@xunta.gal
 
Así mesmo, deberán xuntar, debidamente cumprimentado, o DOCUMENTO DE ADHESIÓN ao programa, no que se relacionan as condicións de contratación, así como dous fotogramas e mais o cartel da longametraxe, todo en formato JPG.
 
O prazo de recepción das solicitudes remata o día 28 de febreiro de 2017.

Teléfono de información: 881 996 089

Estado de trámite: En trámite

Comparte