Aviso: Incoación de expediente para declarar Ben de Interese Cultural o arquipélago de Sálvora, coa categoría de paisaxe cultural

Incoación de expediente para declarar Ben de Interese Cultural o arquipélago de Sálvora, coa categoría de paisaxe cultural

O arquipélago de Sálvora atópase na parte occidental da ría de Arousa é pertence ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e constitúe un exemplo senlleiro e case único en Galicia da evolución singular dunha poboación adaptada a unhas condicións rigorosas do contorno.

Está dotado dunhas características singulares grazas ao conxunto de todos os seus elementos e que se decantan en manifestacións con valor histórico e etnolóxico, e que ademais se complementan con aspectos de interese artístico, arquitectónico, arqueolóxico e mesmo científico e técnico, que caracterizan unha realidade complexa e rica que só pode ser comprendida de forma global e interrelacionada.

A paisaxe de Sálvora acubilla valores históricos, arquitectónicos, arqueolóxicos, etnolóxicos e científico-técnicos que, así mesmo, se complementan co interese desde o punto de vista dos valores do patrimonio natural xa protexido.
 

Estado de trámite: En trámite

Comparte