Aviso: Incoación de expediente para declarar Ben de Interese Cultural, coa categoría de monumento, a ponte de Ponte Vea sobre o río Ulla, entre os termos municipais da Estrada e Teo
Incoación de expediente para declarar Ben de Interese Cultural, coa categoría de monumento, a ponte de Ponte Vea sobre o río Ulla, entre os termos municipais da Estrada e Teo
A ponte de Ponte Vea constrúese para facilitar a comunicación entre Santiago de Compostela e o sur de Galicia, polo que comunica as provincias da Coruña e Pontevedra na confluencia dos concellos de Teo e A Estrada, no lugar en que a fronteira natural do río Ulla pasa polas parroquias de San Cristovo de Reis e Santa María de Couso respectivamente.
esta ponte ten un indubidable valor histórico en canto elemento que vertebra o territorio e as comunicacións que facilitan o desenvolvemento sociocultural da poboación, aínda que a súa tipoloxía non constitúa unha peza única entre as pontes medievais.
Así pois, tendo en conta os valores deste inmoble, convertido na actualidade en auténtico emblema dos termos municipais de Teo e A Estrada, proponse unha declaración singular do elemento como monumento, en relación co carácter sobranceiro do seu valor e significación no conxunto do patrimonio cultural de Galicia