Aviso: Convocatoria para unha delegación empresarial galega no MIPTV 2017 en Cannes
Convocatoria para unha delegación empresarial galega no MIPTV 2017 en Cannes
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e en colaboración co Clúster Audiovisual Galego (Clag) e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), participará no mercado de contidos audiovisuais MIPTV, que terá lugar en Cannes (Francia) entre os días 3 e 6 de abril de 2017.
A Agadic terá presenza no pavillón Audiovisual from Spain promovido por ICEX España Exportación Inversiones, cun 'stand promocional' e unha mesa de reunións a disposición dos profesionais galegos que a precisen para as súas xuntanzas de negocios.
Así mesmo, promóvese a participación dunha representación de empresas galegas no mercado contribuíndo ao financiamento do 50% dos gastos correspondentes a unha persoa por compañía e que se deriven da acreditación no evento, pasaxe de avión e un máximo de 4 noites de aloxamento.
PROCEDEMENTO:
1) Comunicar a participación respostando a este correo (audiovisual.agadic@xunta.es)
2) Tramitar a acreditación a través do enlace:
https://register.miptv.com/LoginNew.aspx?pvlid=58c84e2c-ce6b-494e-8ec8-c1a9b410542c
- O prezo do rexistro é de 670 euros ata o 1 de marzo e de 750 euros a partir desa data. O 50% deste gasto deducirase da cantidade a aboar por viaxe/aloxamento.
- No apartado 2 do formulario (CONTACT POINT) hai que indicar: AUDIOVISUAL FROM SPAIN (ICEX) / SPAIN
3) Contactar coa axencia de viaxes onde se vos facilitará información sobre as condicións de vóos e aloxamento e, se procede, realizar a reserva. Cómpre aboar a cantidade correspondente por parte de cada produtora para confirmar dita reserva.