Aviso: Delegación de determinadas competencias en materia de patrimonio cultural no titular da Xefatura Territorial de Pontevedra
Delegación de determinadas competencias en materia de patrimonio cultural no titular da Xefatura Territorial de Pontevedra
A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural desenvolve un gran volume da actividade administrativa derivada das competencias que a normativa lle atribúe. A vacante da xefatura do Servizo de Coordinación de Pontevedra aconsella adoptar con inmediatez as medidas administrativas conducentes a que as funcións que viña desempeñando por delegación do mencionado órgano directivo sexan exercidas polo titular da xefatura territorial de quen organicamente depende.
En consecuencia, co fin de evitar unha concentración excesiva do traballo e lograr unha maior axilidade administrativa que redunde en beneficio tanto da Administración como dos administrados, faise conveniente que, dentro do respecto aos principios informadores da actuación administrativa e con suxeición á normativa legal vixente, se delegue na Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o exercicio de determinadas competencias