Aviso: Incoación do procedemento para declarar BIC coa categoría de xacemento arqueolóxico o castro de Fazouro(Foz)

Incoación do procedemento para declarar BIC coa categoría de xacemento arqueolóxico o castro de Fazouro(Foz)

Este xacemento ten un indubidable valor histórico e arqueolóxico de carácter sobranceiro, xa que se trata dun xacemento costeiro asentado nunha pequena península que penetra no mar ao carón dunha zona acantilada que presenta escavado parte dun poboado castrexo, con estruturas visibles e musealizadas. As escavacións de que foi obxecto deron como resultado a obtención de moita información sobre os modos de vida dos seus habitantes na época romanizada e grazas a elas púidose encadrar entre os séculos I e III a. C., que foi a etapa de máis ocupación e de maior grao de romanización. Esta presenza romana asóciase coa chegada ao territorio por mor da súa explotación aurífera. Así pois, tendo en conta os valores deste castro, proponse a súa declaración singular como xacemento arqueolóxico, por estimala a figura más acaída para o seu réxime de protección, que deriva da categoría de xacemento arqueolóxico, establecido no artigo 10.1 da Lei 5/2016, do 4 de maio, que o define como: o lugar no que existen evidencias de bens mobles ou inmobles susceptibles de seren estudados con metodoloxía arqueolóxica, de interese artístico, histórico, arquitectónico, arqueolóxico, paleontolóxico, sempre que estea relacionado coa historia humana, ou antropolóxico.

Estado de trámite: En trámite

Comparte