Aviso: Aberto o prazo de selección de candidatos para o VII Festival Internacional de Peregrinos Musicais

Aberto o prazo de selección de candidatos para o VII Festival Internacional de Peregrinos Musicais

As mozas e mozos músicos que desexen participar na VII edición do Festival Internacional Peregrinos Musicais xa poden inscribirse na probas de preselección, que se celebrarán durante a primeira quincena do próximo mes de maio.

O Festival Internacional Peregrinos Musicais naceu para apoiar os novos talentos musicais que temos en Galicia. Neste evento xa participaron máis de cen novos músicos. Constitúe unha oportunidade única para que os nosos músicos compartan experiencias con mozas doutras nacionalidades formados en centros de prestixio internacional.

A selección dos participantes farase na primeira quincena de maio a través de probas presenciais no Auditorio de Galicia e ante a comisión artística do festival. Os concertos do festival terán lugar na primeira quincena de xullo e pecharanse cun concerto de clausura no que participarán os músicos seleccionados xunto coa Real Filharmonía de Galicia.

Para participar pódese descargar a folla de inscrición a continuación e, unha vez enchida, enviala a a info@peregrinosmusicales.com xunto ao currículum. A inscrición tamén se pode facer desde aquí: http://www.peregrinosmusicales.com/inscripcion/

Comparte