Aviso: Cursos de formación para o persoal da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
Cursos de formación para o persoal da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura, convoca cursos de formación, que se relacionan no anexo que acompaña esta convocatoria, dirixidos ao persoal bibliotecario da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Poderán participar nas accións formativas convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o ano 2017 os empregados públicos e as empregadas públicas (tanto en situación de servizo activo como en excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos para cada curso) destinados na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ou nas bibliotecas de arquivos e museos xestionados por esta Consellería.
Solicitudes
O persoal que desexe participar nos cursos convocados debe cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, http://rbgalicia.xunta.gal sen que se admitan outros modelos de solicitude. No caso de ter que achegar documentación que acredite calquera das situacións que se contemplan nos puntos 4 e 5 da epígrafe 3 (Selección), esta deberá remitirse escaneada por correo electrónico ao seguinte enderezo, indicando o nome, apelidos e DNI na mensaxe: servizo.bibliotecas@xunta.es.
O prazo de presentación das solicitudes e, se é o caso, da documentación acreditativa, será de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria. As solicitudes ou a documentación acreditativa recibidas fóra deste prazo non se terán en conta.
Cursos:
Curso básico de Comisariado en exposicións.
Propiedade intelectual e dereitos de autor.
Como explorar a fondo un libro para nenos e nenas e como dar conta disto
Xestión da colección na biblioteca pública
Colección local
Documentos relacionados
- Cursos de formación 2017516.33 KB