Aviso: Aberta a inscrición de espectáculos para o Galicia Escena PRO 2017: formato completo e pitching
Aberta a inscrición de espectáculos para o Galicia Escena PRO 2017: formato completo e pitching
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza a cuarta edición do mercado Galicia Escena PRO, que terá lugar do 12 ao 15 de xuño en Santiago de Compostela.
Con tal motivo e a través da web www.galiciaescenapro.gal, abre ata o martes 11 de abril, ás 15.00 horas, o prazo de inscrición de espectáculos para as dúas vías de participación das compañías profesionais galegas:
-FORMATO COMPLETO:
Para espectáculos escénicos estreados desde o 1 xuño de 2016 e o 15 de xuño de 2017.
Poderanse presentar, así mesmo, espectáculos para a súa estrea no mercado.
-PITCHING:
Presentación de proxectos escénicos con data de estrea posterior ao 15 de xuño de 2017.
Durante seis minutos, a compañía poderá presentar o seu proxecto, ben de forma oral ou co apoio de medios audiovisuais.