Aviso: Aberta a inscrición para a xornada de Datos abertos enlazados en bibliotecas, arquivos e museos

Aberta a inscrición para a xornada de Datos abertos enlazados en bibliotecas, arquivos e museos

Xornada técnica para bibliotecarios e bibliotecarias e profesionais de arquivos e museos na BdG

A Biblioteca de Galicia pon en marcha o 19 de maio  unha xornada técnica sobre datos abertos enlazados para bibliotecas, arquivos e museos.

Os datos abertos enlazados en institucións da memoria son aínda unha cuestión nova para moitos dos profesionais que traballan nelas. 

Por este motivo, preténdese nesta xornada afondar no coñecemento desta nova tecnoloxía para publicar os datos de bibliotecas, arquivos e museos, o que ademais permitirá a estes profesionais confluír no enriquecemento da importante información cultural que xeran.

Estado de trámite: En trámite

Comparte