Aviso: Obradoiro no CGAI con Oliver Laxe: Aromas de Mimosas

Obradoiro no CGAI con Oliver Laxe: Aromas de Mimosas

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) organiza o obradoiro  'Aroma de Mimosas' con Óliver Laxe do 13 ao 16 de xuño, de 16 a 20 horas (o mércores 14 remátase antes debido á proxección ás 19:30 de Andrei Rublev). 

Inscrición de balde ata completar prazas. Debe facerse escribindo ao correo programacion.cgai@xunta.gal, indicando no asunto “Obradoiro Oliver Laxe” e subministrando o nome completo e o DNI. 

Aos asistentes ao obradoiro que o soliciten ofreceránselles entradas de balde ás proxeccións de toda esa semana. Recoméndase acudir a todas elas.

Lugar: CGAI

Data: 13 a 16 de xuño

-Máis información sobre o obradoiro

Comparte