Aviso: Iníciase o procedemento de inclusión no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia da fábrica de electricidade da Ponte Nova (Betanzos)

Iníciase o procedemento de inclusión no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia da fábrica de electricidade da Ponte Nova (Betanzos)

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG a Resolución do 23 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa o procedemento de inclusión no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia, da fábrica de electricidade da Ponte Nova sita na parroquia de Betanzos no concello de Betanzos.

Desde o punto de vista da relevancia cultural, este ben considérase que o seu compoñente de autenticidade se ve reflectida principalmente polo feito de que esta fábrica de electricidade é testemuño significativo da introdución da electricidade en Galicia, xa que foi unha das primeiras instalacións deste tipo que se implantaron nas cidades galegas e das que apenas quedan exemplos. Así mesmo, a calidade do deseño, tanto do primeiro volume coma do engadido da fábrica de electricidade, fai que esteamos ante unha obra significativa da primeira arquitectura industrial galega, avalada pola suposta autoría dun dos arquitectos máis representativos da arquitectura galega dos primeiros anos do século XX: Rafael González Villar. A singularidade deste ben vese reforzada polo lugar no que se situou, que ocupou unha xunqueira na beira da ría de Betanzos, a carón da Ponte Nova de acceso á cidade medieval. 

Máis información: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170713/AnuncioG0164-050717-00...

Comparte