Aviso: Anuncio de licitación para a creación de recursos dixitais de coleccións de prensa histórica

Anuncio de licitación para a creación de recursos dixitais de coleccións de prensa histórica

Ditos recursos se integrarán na Biblioteca Dixital de Galicia

AMTEGA anuncia a licitación, polo procedemento aberto ordinario, do servizo de creación de recursos dixitais a partir das coleccións de prensa histórica custodiadas nas bibliotecas públicas da Xunta de Galicia e as xestionadas por ela, que se integrarán en Galiciana, biblioteca dixital de Galicia xestionada pola Biblioteca de Galicia. Dixitalizaranse un mínimo de 138.500 imaxes/páxinas.

O tempo de prestación do servizo será de 26 semanas.

O prazo de admisión de proposicións rematará o día que resulte de contar quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo for festivo ou inhabil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Estado de trámite: En trámite

Comparte