Aviso: Convocatoria para cubrir unha praza no lectorado de lingua, literatura e cultura galegas da Universidade de Kiel, Alemaña

Convocatoria para cubrir unha praza no lectorado de lingua, literatura e cultura galegas da Universidade de Kiel, Alemaña

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica a Orde do 7 de xullo de 2017 pola que se publican as bases e se anuncia a convocatoria pública para cubrir unha praza no lectorado de lingua, literatura e cultura galegas da Universidade de Kiel, Alemaña (ED110B).

 A contratación por parte da universidade da persoa seleccionada abranguerá, como máximo, un período que non excederá os dous anos.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Máis información: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170726/AnuncioG0164-120717-0004_gl.pdf

 

 

Estado de trámite: En trámite

Comparte