Aviso: Acórdase inscribir o petróglifo de Pena Serrada, no concello de Outeiro de Rei, no Rexistro de Bens de Interese Cultural.

Acórdase inscribir o petróglifo de Pena Serrada, no concello de Outeiro de Rei, no Rexistro de Bens de Interese Cultural.

O petróglifo de Pena Serrada, sito na parroquia de Parada, no concello de Outeiro do Rei (Lugo), é un afloramento granítico de considerables dimensións, moi afectado pola acción erosiva e para degradación dos incendios forestais. No seu extremo oeste hai unha combinación circular formada por tres círculos concéntricos e unha cazoleta central; o diámetro é de 15 centímetros, os motivos a penas son perceptibles por mor da acción erosiva. Na parte central do afloramento hai un grupo de varias cazoletas dun diámetro variable de 3 a 10 centímetros.

Dado que os petróglifos constitúen un tipo especifio de manifestación de arte rupestre, a eles aplícaselles o réxime xeral de protección previsto na Lei de patrimonio cultural para os bens inmobles declarados de interese cultural. A plena aplicación dese réxime, así como os principios de publicidade e seguridade xurídica que informan o noso ordenamento, unido ao deber dos poderes públicos de promover o acceso á cultura recollido no artigo 44 da Constitución, avalan a necesidade de que na medida que se vaia acreditando a existencia deste tipo de bens se instrumenten os medios necesarios para garantir o seu xeral coñecemento. Con data do 2.11.2016 recíbese información sobre a existencia dun petróglifo no concello de Outeiro de Rei (Lugo) e solicítase a súa inclusión no catálogo correspondente.

Polo tanto, ordéase a inscrición no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia do petróglifo de Pena Serrada.

 

Comparte