Aviso: Formalización do contrato das obras de restauración da igrexa de San Vicente de Pinol
Formalización do contrato das obras de restauración da igrexa de San Vicente de Pinol
Cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 6
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no Diario Oficial de Galicia, DOG, a formalización do contrato das obras de restauración da igrexa de San Vicente de Pinol (Sober). Os traballos para mellorar as condicións de funcionalidade e habitabilidade do centro, e para conservar as pinturas murais e o artesoado da cuberta serán cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 6.