Aviso: Formalización do contrato das obras de restauración da igrexa de San Vicente de Pinol

Formalización do contrato das obras de restauración da igrexa de San Vicente de Pinol

Cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 6

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no Diario Oficial de Galicia, DOG, a formalización do contrato das obras de restauración da igrexa de San Vicente de Pinol (Sober). Os traballos para mellorar as condicións de funcionalidade e habitabilidade do centro, e para conservar as pinturas murais e o artesoado da cuberta  serán cofinanciados  polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 6. 

Comparte