Aviso: Proxecto europeo Design4Innovation

Proxecto europeo Design4Innovation

É profesional do deseño? Traballa ou colabora con deseñadores? Únase ao mapa do deseño

Design4Innovation é un proxecto colaborativo de oito socios europeosque traballan xuntos para promover o deseño como unha ferramenta para a innovación centrada no usuario. Design4Innovation ten como obxectivo axudar ás pequenas e medianas empresas a crear produtos e servizos máis desexables, ser máis rendibles e crecer máis rápido; en última instancia, mellorar a competitividade das PEME europeas.

A GAIN (Axencia Galega da Innovación) a través dos Centros de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) e do Deseño e a Tecnoloxía (CIS-Galicia), participa no proxecto Design for Innovation financiado por Interreg Europe.

En GAIN teñen xa localizadas todas as escolas, os clústeres, as asociacións, as entidades de promoción... e agora van continuar o seu traballo localizando aos deseñadores industriais, os gráficos, de moda, de xoiería, de produto, de amueblamiento, de concepto e branding, de estratexia e management, de espazos e arquitectura, de interacción web e aplicacións; así como a aqueles que contratan os seus servizos.

O obxectivo é realizar un censo que permita detectar tanto as fortalezas como as necesidades a partir das cales se poidan deseñar programas específicos de apoio. 

Pode vostede participar no proxecto respondendo á seguinte enquisa

 

Estado de trámite: En trámite

Comparte