Aviso: Convocatoria de bolsas de formación en materia de patrimonio moble galego
Convocatoria de bolsas de formación en materia de patrimonio moble galego
No Diario Oficial de Galicia do 23 de febreiro publícase a orde do 5 de febreiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en materia de patrimonio moble galego. O obxectivo destas bolsas é o de impulsar a formación do futuro persoal técnico en materia de museos e proporcionar unha formación teórico-práctica especializada. Os bolseiros realizarán a súa actividade en diversos museos propios e xestionados pola Consellería, tutelados, dirixidos e coordenados polos servizos técnicos da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.
Poderán optar ás bolsas licenciados (ou equivalentes) en Historia ou Antropoloxía, Historia da Arte e Arqueoloxía de diplomados (ou equivalente) en Conservación e Restauración de Bens Culturais. Os candidatos deben acreditar dominio da lingua galega, nivel iniciación, mediante certificación oficial ou certificado Celga 3.
O importe de cada bolsa será de cinco mil setecentos cincuenta euros (5.750 €).
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia