Aviso: Amplíase o prazo de presentación das obras ao Premio Literario - Nortear

Amplíase o prazo de presentación das obras ao Premio Literario - Nortear

IV edición do premio literario para novos escritores de Galicia e Norte de Portugal

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xunto coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal asinaron un memorando de entendemento para establecer acción conxuntas de colaboración a nivel cultural.

No marco deste memorando desenvólvese o Programa Nortear que, entre outras actuacións, contempla a IV edición dun premio literario para novos escritores de Galicia e da Rexión Norte de Portugal, con idades comprendidas entre os 16 e 36 anos, que versará sobre o xénero de relato curto cunha dotación económica de 2.000€ máis a publicación e divulgación da obra cun mínimo de 500 exemplares.

 

Serán admitidas a concurso todas as obras presentadas, de acordo ao disposto na convocatoria, que teñan data de entrada no enderezo citado a continuación ata o 29 de xuño de 2018 (inclusive).

Agrupación Europea de cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal
Edificio CETMAR,
Rúa Eduardo Cabello, s/n
36208 BOUZAS – VIGO
arodrigues@gnpaect.eu

 

 

Estado de trámite: En trámite

Ligazóns

Comparte