Aviso: Inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Musical de Xinzo
Inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Musical de Xinzo
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria resolve declarar de interese galego a Fundación Musical de Xinzo e ordenar a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
A fundación queda así sometida ao disposto na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego; no Regulamento de fundacións de interese galego, aprobado polo Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro; no Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, aprobado polo Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, e na demais normativa de aplicación, e especialmente ás obrigas de dar publicidade suficiente dos seus obxectivos e actividades, da ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servizos, así como á de presentación anual da documentación contable e do plan de actuación ante o protectorado.
A Fundación Musical de Xinzo foi constituída en escritura pública outorgada en Ponteareas o 11 de xullo de 2017, pola Asociación Banda de Música Xuvenil de Xinzo.