Aviso: Incoado o expediente para declarar ben de interese cultural a Terraza de Sada

Incoado o expediente para declarar ben de interese cultural a Terraza de Sada

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución do do 20 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa o expediente para declarar ben de interese cultural, coa categoría de monumento, a Terraza de Sada (A Coruña).

A Terraza é un pavillón modernista comezado a construír en 1912 no recheo do paseo de Méndez Núñez na Coruña, sobre un deseño probablemente do arquitecto Antonio López Hernández, destinado a quiosco dos xardíns. Foi trasladado, entre os anos 1919 e 1920, á praia urbana da vila de Sada para continuar coa mesma función de servizo hostaleiro e recreo.
 

Comparte