Aviso: Obras no mosteiro de San Vicente do Pino e no de Santa Cristina de Ribas de Sil

Obras no mosteiro de San Vicente do Pino e no de Santa Cristina de Ribas de Sil

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica unha resolución do 5 de abril de 2018 na se lle dá publicidade ao posible cofinanciamento co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, en varios expedientes. 

Os expedientes son os das obras de restauración das fachadas da igrexa do mosteiro de San Vicente do Pino, en Monforte de Lemos (Lugo), cun orzamento base de licitación de 185.887,69 €, IVE excluído, e os das obras de actuacións de conservación e de mellora da accesibilidade do mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, en Parada de Sil (Ourense), cun orzamento base de licitación de 188.456,02 €, IVE excluído.

As actuacións son potencialmente cofinanciables nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. 

Ligazóns

Comparte