Aviso: Curso de arqueoloxía e restauración para mozos desempregados
Curso de arqueoloxía e restauración para mozos desempregados
Proxecto Millennials: plan de emprego para a mocidade
CURSO DE ARQUEOLOXÍA E RESTAURACIÓN PARA MOZOS DESEMPREGADOS
Proxecto Millennials: plan de emprego para a mocidade da comarca de Deza e Tabeirós-Terra de Montes
A Deputación de Pontevedra organiza para os mozos desempregados da Comarca do Deza e Tabeirós-Terra de Montes un curso de arqueoloxía e restauración . É gratuíto e está dirixido a persoas de entre 16 e 30 anos.
O curso está avalado pola prestixiosa Escola de Organización Industrial, EOI. O obxectivo é proporcionar unha formación real e de calidade en arqueoloxía e restauración que permita ás mozas e aos mozos mellorar a súa empregabilidade.
Aquí pódese consultar toda a información e rexistrarse no seguinte formulario de inscrición.
Máis información: cooperacion@depo.es // 986 804 100, ext. 40652 e 40267