Aviso: 18 de maio: Día internacional dos museos

18 de maio: Día internacional dos museos

Museos hiperconectados: enfoques novos, públicos novos

En 2018 o Día Internacional dos Museos ( DIM 2018) virará en torno ao tema: Museos hiperconectados: enfoques novos, públicos novos. Nun mundo cada vez máis conectado, resulta imposible entender o papel dos museos sen ter en conta todas as conexións que estes establecen. Son parte inherente das súas comunidades locais, da súa paisaxe cultural e da súa contorna natural. A tecnoloxía permite aos museos chegar máis aló do seu público habitual a través de algo tan sinxelo como un hashtag. Algúns museos nin sequera necesitan a tecnoloxía para crear novas conexións; para eles, presentar a súa colección dunha forma diferente e innovadora resulta é suficiente para atraer a un público totalmente novo. O Día Internacional dos Museos 2018 é unha oportunidade para todos os museos do mundo de buscar novos enfoques e novos públicos a través da análise, o reforzo e a creación de conexións.

Os museos xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. ofrecen como cada ano un amplo programa con concertos, actividades e obradoiros para todos os públicos, con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos o 18 de maio. 

Comparte