Aviso: Declárase ben de interese cultural o arquipélago de Sálvora coa categoría de paisaxe cultural

Declárase ben de interese cultural o arquipélago de Sálvora coa categoría de paisaxe cultural

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar o decreto 49/2018, do 26 de abril, polo que se declara ben de interese cultural o arquipélago de Sálvora coa categoría de paisaxe cultural.

O arquipélago de Sálvora atópase na parte occidental da ría de Arousa é pertence ao Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, declarado pola Lei 15/2002, do 1 de xullo, situado na costa coñecida coa denominación de Rías Baixas. Comprende unha superficie de 2.309 hectáreas marítimas e 248 hectáreas terrestres e constitúe un exemplo senlleiro e case único en Galicia da evolución singular dunha poboación adaptada a unhas condicións rigorosas do contorno, con escasos recursos dispoñibles, que desenvolve as premisas da construción tradicional do territorio nun contexto de inmediatez, illamento e extremas condicións climáticas e xeográficas, e da lugar ao recoñecemento dunha paisaxe lixeiramente antropizada, pero fundamentalmente influenciada pola súa presenza.

Comparte