Aviso: O SEPIE lanza a iniciativa "Erasmus : patrimonio de todos"

O SEPIE lanza a iniciativa "Erasmus : patrimonio de todos"

Ao longo de todo este 2018 estamos a celebrar a diversidade, a historia compartida e a riqueza cultural na Unión Europea, a escala local, rexional, nacional e europea. En relación co Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018, desde o Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), púxose en marcha a iniciativa ERASMUS : PATRIMONIO DE TODOS para visibilizar a importancia do patrimonio cultural europeo e o seu papel fundamental na historia e identidade dos países de Europa, así como na construción do futuro do noso continente. Con esta iniciativa preténdese achegar á cidadanía, fomentar o intercambio e a valoración do patrimonio cultural de Europa como un recurso compartido, sensibilizar acerca da historia e os valores comúns, así como reforzar un sentimento de pertenza a un espazo común europeo.

Por este motivo, convídannos a participar na iniciativa ERASMUS : PATRIMONIO DE TODOS compartindo cunha experiencia #ErasmusPlus. Como facelo? Só hai que seguir os pasos que explican tanto neste folleto explicativo, como neste vídeo informativo.  

Encher o formulario só leva un par de minutos. Hai que achegar unha fotografía que inclúa unha icona cultural representativa da cidade/país no que realizaches ou esteas a realizar a túa mobilidade Erasmus (monumento, paisaxe, comida típica, baile tradicional...) durante 2018.

Estado de trámite: En trámite

Comparte