Aviso: Beneficiarios das bolsas de formación en materia de patrimonio moble galego
Beneficiarios das bolsas de formación en materia de patrimonio moble galego
O Diario Oficial de Galicia publica a resolución do 29 de xuño de 2018 pola que se procede á publicación da relación das/dos beneficiarias/os e o importe das bolsas concedidas en virtude da Orde do 5 de febreiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das bolsas de formación en materia de patrimonio moble galego e se convocan para o período 2018.
A resolución aproba as listaxes definitivas polas que se procede á adxudicación das 8 bolsas por importe de corenta e seis mil euros (46.000 €) con cargo á aplicación orzamentaria 10.21.432A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.