Aviso: Incorpóranse aos catálogos colectivos do patrimonio bibliográfico e da Rede de bibliotecas de Galicia fondos de diversos centros
Incorpóranse aos catálogos colectivos do patrimonio bibliográfico e da Rede de bibliotecas de Galicia fondos de diversos centros
O DOG do 2 de agosto recolle a resolución do 6 de xullo de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo de catalogación e/ou recollida de datos de fondos pertencentes ao Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela, á Biblioteca de Galicia, á Biblioteca Pública de Lugo e á Biblioteca do IES Lucus Augusti. Estes fondos incorporaranse aos catálogos colectivos do patrimonio bibliográfico e da Rede de bibliotecas de Galicia.