Aviso: Curso de informática básica na Biblioteca Nodal da Coruña

Curso de informática básica na Biblioteca Nodal da Coruña

A Biblioteca, ademais de ofrecer cursos de alfabetización dixital de programación propia, colabora coa Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, que ten como obxectivo a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información en Galicia no marco da Axenda Dixital de Galicia.gal. Ao longo do ano, desenvolveranse nas instalacións da biblioteca varias actividades formativas.

Os cursos son de balde e celebraranse no primeiro andar da biblioteca, na Aula CeMIT, que conta co equipamento informático necesario para persoas con discapacidade.

CURSOS e ACTIVIDADES FORMATIVAS: ver aquí os cursos convocados. Para inscribirse é preciso solicitar unha alta de usuario. Logo pódese facer a solicitude de inscrición no curso que interese.

Estado de trámite: En trámite

Comparte