Aviso: Publicada a Lei de Arquivos e documentos de Galicia
Publicada a Lei de Arquivos e documentos de Galicia
Lei 7/2014, do 26 de setembro
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe, 7 de outubro de 2014, a Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, ante a necesidade, na actualidade, de dispoñer dunha lei específica de arquivos que ofreza o amparo suficiente a unha competencia con ampla repercusión na Administración pública e que permita abordar con decisión as cuestións que afectan os arquivos.
A presente lei proporciona o marco normativo adecuado para que a Comunidade Autónoma de Galicia desenvolva as competencias asumidas en materia de arquivos, co obxecto de articular unha xestión documental eficaz e eficiente, garantir o acceso aos e aos arquivos e conservar e difundir o patrimonio documental de Galicia.