Aviso: Obradoiros para escolares no Museo Massó
Obradoiros para escolares no Museo Massó
O Museo Massó, en Bueu (Pontevedra), continúa co programa de obradoiros para grupos durante todo o periodo escolar. As datas poderanse adaptar á dispoñibilidade dos solicitantes. Terán entre unha hora e hora e media de duración.
A inscrición deberá realizarse chamando ao teléfono 986 321 838 onde serán atendidos entre as 10:00 y las 20:00 h. de luns a venres, ou a través do correo museo.masso@xunta.es, enviando un nome e un teléfono de contacto.
LISTADO DE OBRADOIROS
1.- Cousas da praia (Dirixido a nen@s de entre 3 a 6 anos)
Mediante este xogo pretendemos que os máis cativos teñan unha visión diferente da praia e aprendan a respectala como un espazo natural. Mediante o xogo e a música ensinaremos de qué está formada a area da praia, porque sube e baixa a marea, o tipos de plantas que viven nas dunas, etc. Tamén, cunhas presas de area, obxectos que podemos atopar na praia, cunchas e cancións, faremos unha aproximación á praia e que traballos se desenvolvían nela antigamente.
2.- Mar á vista (Dirixido a nen@s de entre 3 a 5 anos)
Xogo de recoñecemento de obxectos representados nunha das pinturas de Urbano Lugrís. Os nenos deberán ir descubrindo cal é o obxecto presentado e cal é a súa representación na pintura.
3.- Sentir o museo (Dirixido a nen@s de entre 3 a 5 anos)
Este obradoiro pretende ser unha viaxe sensorial para experimentar o museo a través do oído, do tacto, do olfacto, do gusto e da vista. Os nen@s descubrirán os obxectos do museo e a súa historia para logo escoitar, tocar, cheirar e saborear cos ollos pechados e identificar o que viron ao longo da visita.
4.- En busca do tesouro (Dirixido a nen@s de entre 3 a 9 anos)
A partir dun mapa e algunhas pistas orientativas, os participantes terán que encontrar as diferentes partes dun quebracabezas, coma si dun tesouro se tratara. A ruta do mapa centrarase na primeira volta ao mundo e os motivos comerciais que a impulsaron.
5.- Obradoiro musical infantil A muiñeira de Sarasate (Dirixido a nen@s de entre 3 a 9 anos)
O obradoiro xira en torno a figura e a música do violinista Pablo Sarasate (1844-1908) do cal o museo Massó conserva a partitura orixinal manuscrita da muiñeira composta polo músico de sona universal no ano 1986. @s nen@s aprenden como se escribe a música, a coñecer como se fai música co violín e con outros instrumentos, e escoitan a versión da muiñeira para violín e a adaptación para gaita.
6.- Mensaxe nunha Botella (Dirixido a nen@s de 6 a 12 anos)
Neste obradoiro as mensaxes dentro das botellas agochadas polas salas do Museo revelarán aos participantes a importancia que teñen os océanos para o noso planeta. Esta actividade lúdica-cultural pretende concienciar aos participantes da importancia dos océanos para o planeta, tanto para a diversidade das especies como por a súa influencia no clima. Médiente un xogo deberán completar unhas tarxetas que aportaran as pistas para atopar as mensaxes dentro das botellas que estarán agochadas nas salas do museo. Finalmente cada participante escribirá unha mensaxe con un bo desexo para os océanos e todas as mensaxes se meteran nunha botella común.
7.- Sardiñas para unha lata (Dirixido a nen@s de 4 a 10 anos)
Este obradoiro fai un percorrido por todo o proceso da conserva da sardiña, dende a vida no mar e as diferentes artes de pesca para capturalas, ata os distintos métodos de conserva. Farase un repaso para coñecer a orixe da industria conserveira e particularmente a da Fábrica Massó.
8.- O que o mar non quere (Para nen@s de 5 a 14 anos)
O mar converteuse nun gran vertedoiro de lixo onde se mesturan toda clase de residuos, a maioría plásticos. Paseando pola praia podemos encontrarnos numerosos obxectos que forman parte deses residuos e que deberían seguir o proceso de reciclaxe. Neste obradoiro os participantes traerán algún destes obxectos encontrados para falar sobre os problemas que están a causar no ecosistema e as posibles solucións ao problema do lixo. Finalmente reutilizaremos os materiais construíndo un gran monstro mariño.
9.- A Balea (Para nen@s de 6 a 12 anos)
A partir dunha introdución sobre as características principais das baleas e as diferentes ameazas ás que se ven sometidas, os participantes realizarán dous pequenos murais mediante a técnica do collage. Unha das imaxes estará baseada na caza das baleas e os diferentes perigos que corren e a outra representará a importancia de conservar a especie como parte dun ecosistema. O collage realizarase recortando imaxes e palabras de revistas, periódicos, etc…
10.- Seguir o rumbo. A agulla de marear (Para nen@s de mais de 9 anos)
Este obradoiro ten como obxectivo facer comprender as propiedades magnéticas da Terra e familiarizar aos escolares co manexo deste instrumento e a súa utilidade na navegación.
11.- O mapa do mariñeiro. A carta náutica (Para nen@s de mais de 9 anos)
Os alumnos poderán familiarizarse coa interpretación e manexo das cartas náuticas, aprender a utilizar as unidades de medidas náuticas e as escalas e situar os puntos de referencia da costa e os faros de Bueu no mapa.
12.- Ex-libris (Para persoas de mais de 12 anos)
O obradoiro consiste na realización de pequenos ex-libris (selos ou estampas) para personalizar os libros dos/as participantes. Aprenderán a técnica do gravado sobre goma e a fabricación de tampóns. Os participantes visitarán a exposición temporal dedicada a Antonio Massó para coñecer os ex libris que deseñou para a biblioteca do Museo e, a partir de aí, elaborarán e estamparán o seu propio selo.
13.- Atando Cabos. Nós mariñeiros. (Dirixido a persoas maiores de 7 anos e menores acompañados)
Obradoiro práctico de aprendizaxe de 5 nós mariñeiros básicos: Cote, As de Guía, Chan, Oito e Ballestrinque. Explicarase a súa orixe e aplicación. Montarase un pequeno cadro de nós.
14.- Atrapados na rede. (para nen@s de 8 a 12 anos)
Obradoiro práctico para coñecer ás técnicas de confección das redes de pesca e coñecer os distintos tipos de artes. O obradoiro será impartido pola redeira en activo Consuelo Martínez polo que as datas dependerán da súa dispoñibilidade.
15.- O sal do mar (para nen@s de 9 a 16 anos)
Este obradoiro pretende facer comprender o papel fundamental do sal na conservación dos alimentos e a importancia da súa comercialización ao longo da historia, chegando a alcanzar grandes repercusións económicas e políticas. Prestarase maior atención ao uso do sal en Galicia para a conservación do peixe, sendo a salga un método empregado durante moitos séculos antes de que existiran as conservas enlatadas e os conxeladores.
16.- Orientarse no mar (para nen@s de 9 a 16 anos)
Antigamente para coñecer o mundo había que navegar; as primeiras expedicións marítimas non tiñan os medios actuais para aventurarse nos mares descoñecidos, era preciso ter coñecementos de astronomía e matemáticas para poder facer os cálculos que levaran a embarcación a bo porto. Moitos dos instrumentos empregados entón, están hoxe en desuso. Con este obradoiro os participantes poderán entender un pouco máis como se utilizaba o astrolabio e o sextante para facelas medicións co horizonte.