Aviso: Licitación das obras de restauración da igrexa de Santa María das Areas, en Fisterra

Licitación das obras de restauración da igrexa de Santa María das Areas, en Fisterra

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 29 de setembro de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, do contrato de obras derestauración e posta en valor da igrexa de Santa María das Areas e o seu adro, en Fisterra, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

A data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo é domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Estado de trámite: En trámite

Comparte