Aviso: Procura de socios para proxecto de cooperación musical en Turquía

Procura de socios para proxecto de cooperación musical en Turquía

Programa Europa Creativa. Proxectos de Cooperación. Música

A entidade turca Klasik Keyifler, especializada na organización de innovadores concertos de música de cámara e talleres, busca socios para un proxecto de cooperación no marco do programa Europa Creativa.

Klasik Keyifler (KK) é unha organización dedicada á presentación innovadora de concertos de de cámara e talleres nunha ampla variedade de contornas íntimas en Turquía. 

KK nace para ofrecer un refuxio para artistas, un portal educativo e creativo para mozos músicos e unha fonte de inspiración e contemplación para o público. Así, este proxecto busca conectar aos intérpretes e oíntes, permitindo a interacción directa nas salas de concertos e ofrecendo unha inmediatez entre as persoas que pode ser difícil de atopar nas grandes salas de concertos actuais.

Máis información nos documentos adxuntos.

Estado de trámite: En trámite

Documentos relacionados

Comparte