Aviso: As redes de información europea en Galicia e Norte de Portugal celebran, o xoves 9 de maio, unha xornada sobre crecemento e emprego no ámbito da economía circular
As redes de información europea en Galicia e Norte de Portugal celebran, o xoves 9 de maio, unha xornada sobre crecemento e emprego no ámbito da economía circular
A Consellería de Cultura e Turismo colabora na organización da xornada “Economía Circular: Crecemento e emprego en Galicia e Norte de Portugal”, unha iniciativa conxunta das Redes de Información Europea presentes en Galicia e no Norte de Portugal que terá lugar o vindeiro 9 de maio no salón de actos da Confederación de Empresarios de Galicia en Santiago de Compostela.
Na xornada participarán distintos relatores tanto do mundo académico e institucional como empresarial, que achegarán unha visión de conxunto, desde diversos enfoques e perspectivas, sobre a economía circular como un espazo de grandes oportunidades de desenvolvemento e emprego.
Entre os relatores participantes estará Maria Baqueiro, responsable de sustentabilidade do Festival Sinsal, representantes do Ministerio do Mar de Portugal, representantes da Universidade de Minho, da Universidade de Vigo e da Universidade Santiago de Compostela, así como os coordinadores de proxectos exitosos no ámbito da economía circular.
A continuación, as empresas poderán intercambiar a súa experiencia nun espazo de mostras no que reforzar a colaboración transfronteiriza en rede.
A xornada está dirixida a representantes das entidades locais, empresas e asociacións de Galicia e Norte de Portugal, así como ao público interesado.
Para inscrición ou información adiciona: cultura.galicia.europa@xunta.gal // 881 995 021