Aviso: A Comisión Europea publica dous informes sobre a dixitalización dos tesouros culturais
A Comisión Europea publica dous informes sobre a dixitalización dos tesouros culturais
A Comisión Europea publica dous informes para promover a dixitalización e difusión na rede dunha maior porcentaxe do patrimonio cultural, con axuda dos gobernos dos Estados membros. Inclúe mostra de boas prácticas.
Mentres un dos informes se centra en como dixitalizar, facer máis accesible e preservar a cultura online, o segundo explica como o patrimonio fílmico pode ser rescatado de latas esquecidas. Dixitalizar o material cultural é un moi bo recurso para o desenvolvemento de contidos culturais e educativos, documentais, aplicacións turísticas, xogos, animacións e ferramentas de deseño. Isto podería axudar ao crecemento das industrias creativas da UE, aumentando o seu peso dentro do PIB comunitario máis alá do 4% que representan actualmente.