Aviso: Actividades escolares vinculadas coa exposición O Padre Feijoo, cidadán libre da República Literaria

Actividades escolares vinculadas coa exposición O Padre Feijoo, cidadán libre da República Literaria

Coincidindo co 250º aniversario do pasamento do Padre Feijoo, a exposición O Padre Feijoo, cidadán libre da República Literaria, organizada pola Consellería de Cultura a través do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense no Centro Social Afundación, conta cun programa didáctico orientado ás diferentes idades escolares.
Reserva de praza: 988 391 746.
Prezo por participante: 1 €

Actividades:
«Viaxa no tempo coa pluma de escribir do Padre Feijoo»
Visita obradoiro para educación infantil e 1º ciclo de primaria
Os participantes encontran a pluma viaxeira e soñadora do Padre Feijoo nas salas da exposición. Os rapaces descubren pequenas sorpresas no obradoiro.
 
«A República das Letras do Padre Feijoo»
Visita obradoiro para 2º e 3º ciclo de primaria e 1º ciclo de ESO
Para descubrir a vida e a obra do Padre Feijoo, os nenos e nenas deben investigar, observar e deducir durante a visita. 
 
«Cidadán libre da República das Letras. O Padre Feijoo»
Visita obradoiro para 2º ciclo de ESO, bacharelato e ciclos formativos
Achegaráselles á figura do Padre Feijoo para reflexionar acerca dos seus textos e ver cómo foron evolucionando ao longo dos séculos as súas ideas. Tamén se propón un obradoiro no que as ideas do ilustrado forman parte da actualidade.

Estado de trámite: En trámite

Comparte