Aviso: Corrección de erros na convocatoria do posto de dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea

Corrección de erros na convocatoria do posto de dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a corrección de erros da Orde do 25 de setembro de 2014 pola que se convoca 
a provisión do posto de director/a do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Na páxina 43487, no punto 9.1, alínea d), onde di: 
«Por publicacións no ámbito da museoloxía e na difusión da arte moderna: 0,5 puntos por cada publicación, que determine a comisión, ata un máximo de 9 puntos. En relación con este punto, non serán valoradas aquelas publicacións que, estando obrigadas a consignaren o ISBN en virtude do Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, modificado polo Real decreto 2063/2008, do 12 de decembro, ou se é o caso ISSN ou ISMN, carezan deles, nin aquelas que non garden relación directa con estas materias. 

No caso de documentos en formato electrónico, para seren valorados deberán ir acompañados  por un informe no cal o organismo emisor certifique en que base de datos bibliográfica  aparece a publicación. Neste documento indicaranse, ademais, os seguintes datos: o título da publicación, autor/es, data da publicación e o depósito legal». 

Debe dicir:

«Por publicacións no ámbito da museoloxía e na difusión da arte moderna: 0,5 puntos por cada publicación, que determine a comisión, ata un máximo de 9 puntos. En relación con este punto, non serán valoradas aquelas publicacións que non garden relación directa con estas materias.

No caso de documentos en formato electrónico, para seren valorados deberán ir acompañados por un informe no cal o organismo emisor certifique en que base de datos bibliográfica aparece a publicación. Neste documento indicaranse, ademais, os seguintes datos: o título da publicación, autor/es, data da publicación e o depósito legal, se é o caso».

 

 

Comparte