Aviso: Misión empresarial ao mercado Ventana Sur de Bos Aires

Misión empresarial ao mercado Ventana Sur de Bos Aires

O mercado cinematográfico Ventana Sur celebrará unha nova edición en Bos Aires do 1 ao 5 de decembro de 2014. Como en anos anteriores, a Agadic -en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica e do Clúster do Audiovisual Galego- promove unha delegación de empresas galegas interesadas en participar neste evento.

Para realizar a viaxe propóñense as seguintes datas:

-Saída de Galicia: sábado día 29 de novembro (escala en Madrid con saída ás 23:50 horas)

-Saída de Bos Aires: venres 5 de decembro ou sábado 6 de decembro, en función de prezos finais.

 

 

Estado de trámite: En trámite

Comparte