Aviso: Declaradas Festas de Galicia de interese turístico a do Botelo do Barco de Valdeorras, o Entroido de Maceda e o Belén Electrónico de Begonte

Declaradas Festas de Galicia de interese turístico a do Botelo do Barco de Valdeorras, o Entroido de Maceda e o Belén Electrónico de Begonte

A Axencia Turismo de Galicia publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 27 de outubro de 2014 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de outubro de 2014, polo que se declaran festas de Galicia de interese turístico a Festa do Botelo do Barco de Valdeorras, o Entroido de Maceda e o Belén Electrónico de Begonte.

- A Festa do Botelo celébrase no mes de xaneiro no concello do Barco de Vadeorras (Ourense).
- O Entroido de Maceda coincide co Entroido no concello de Maceda (Ourense).
- O Belén Electrónico de Begonte realízase durante os meses de decembro e xaneiro no concello de Begonte (Lugo).

 

 

Comparte