Aviso: Procura de socios para un proxecto europeo de intercambio entre artistas

Procura de socios para un proxecto europeo de intercambio entre artistas

Promove New Art Studio de Dublin, Irlanda

No marco do programa de Europa Creativa, proxectos de cooperación de escala menor, o New Art Studio con sede en Dublin busca un mínimo de tres organizacións europeas coas que asociarse e desenvolver un proxecto de intercambio de artistas durante un período de catro anos.

O obxectivo é traballar en conxunto cos socios potenciais para antes de outubro de 2015 crear unha proposta forte que promova tanto aos artistas como ás localidades onde se basee o proxecto e ao socio ou organizacións participantes.

New Art Studio está aberto a participar como  socio coordinador ou como socio menor.

Estado de trámite: En trámite

Ligazóns

Documentos relacionados

Comparte