Aviso: Proceso selectivo de docente en materia de dirección de orquestra no Conservatorio Superior de Música da Coruña

Proceso selectivo de docente en materia de dirección de orquestra no Conservatorio Superior de Música da Coruña

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no Diario Oficial de Galicia, do 24 de novembro de 2014, a Resolución do 6 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se establece o procedemento para o acceso á docencia na especialidade de dirección de orquestra no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Á solicitude achegarase a documentación acreditativa en copia cotexada dos méritos que se aleguen.

 

Estado de trámite: En trámite

Comparte